Friday 03 de May de 2024

O Concello acomete a renovación da iluminación da piscina municipal


Tamén se está aproveitando para substituir o sistema de seguridade e instalar un novo falso teito nos vestiarios.

O Concello de Cariño está a acometer as obras para renovar a iluminación da piscina municipal, un proxecto que se inclúe dentro do plan de modernización de todas as instalacións eléctricas que está a acometer o goberno local para promover a eficiencia enerxética e o aforro.
Na piscina se substituirán 40 luminarias, 26 puntos de luz de emerxencia e cambiarase todo o cableado e as caixas de instalación. Ademais, tamén se renovará o sistema de seguridade que inclúe o cambio da central de incendios, os detectores de fume, as caixas de sirena… Por último, instalarase un novo falso teito nos vestiarios masculinos.
As novas luminarias e a modernización dos cadros de mando permitirán reducir o consumo eléctrico, conseguir unha maior durabilidade da instalación, baixar a emisión de CO2 á atmosfera e responder dunha forma máis rápida e eficaz #ante calquera incidencia.
Anteriormente habíanse substituido os 10 puntos de luz do mercado municipal, cambiando as campás industriais de 400 watios actuais por outras de 150 watios en LED.
O alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, destacou que “esta actuación súmase ás xa efectuadas no campo de fútbol, o pavillón, o mercado e a zona de baño da piscina e o noso obxectivo é continuar noutros espazos” e tamén lembrou que “vimos de dar luz verde proxecto de renovación da iluminación pública en todo o municipio financiado polo IDAE”.